Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2002 Páx. 16.160

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE COMPENSACIÓN DO POLÍGONO G7.01 RÚA POZO

ANUNCIO.

A Xunta de Compensación do Polígono G7.01 Rúa Pozo, na asemblea xeral realizada o día 30 de outubro de 2002, resolveu aprobar inicialmente o proxecto de compensación do citado polígono, o que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que, de acordo co previsto nos artigos 133.8º e 102 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, á vista do expediente, poidan formula-las alegacións que se estimen pertinentes, durante o prazo de vinte días contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo do Concello da Coruña ou na sede da xunta de compensación (sita na avda. Alfonso Molina, 5, baixo), no horario laboral de 12 a 14 horas, de luns a venres.

A Coruña, 31 de outubro de 2002.

César Pérez Maldonado

Secretario da Xunta de Compensación

do Polígono G7.01 Rúa Pozo