Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2002 Páx. 16.157

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (10/2002).

Asunto: aprobación inicial de bases e estatutos e proxecto de compensación polo procedemento abreviado para a xestión do polígono H9.13 Antonio Ríos IV.

A alcaldía presidencia con data 5 de novembro de 2002 dictou a seguinte resolución:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de bases e estatutos presentado para a xestión do polígono H9.13 Antonio Ríos IV.

2. Someter á información pública o proxecto de compensación do polígono H9.13 Antonio Ríos IV para efectos de que por parte dos interesados poidan presenta-las alegacións que consideren pertinentes.

O que se publica de conformidade co disposto no artigo 133.4º en relación co 102, ámbolos dous da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (BOE número 103, do 30 de abril), polo que se refiere ó proxecto de bases e estatutos e segundo o disposto no artigo 174 do Regulamento de xestión urbanística e artigo 8 do Real decreto 1093/1997, do 4 de xullo, no referente ó proxecto de compensación, advertíndolles os interesados que o expediente se atopa á súa disposición nas oficinas de atención ó público de Servicio de Urbanismo, sitas na rúa do Parque s/n, de luns a venres, durante o prazo de vinte días a partir da publicación ou notificación do acordo que se cita, onde poderán consultalo e presentar cantas alegacións teñan por conveniente na defensa dos seus dereitos.

Así mesmo comunícase que as cuestións que se presenten en relación con el poderán consultarse

de 12 a 14 horas, tempo no que serán atendidas por persoal do servicio.

A Coruña, 6 de novembro de 2002.

Alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda