Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2002 Páx. 16.156

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO da aprobación do proxecto de compensación do polígono G9.01 rúa San Vicente.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 27 de setembro de 2002, adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente o proxecto de compensación do POL. G9.01 rúa San Vicente presentado por Soacsa Coruña, S.A.

2. Acepta-la cesión da parcela de cesión obrigatoria e incorporala ó Inventario Municipal de Bens, tal e como se describe:

Parcela de 55 metros cadrados de superficie, que linda: norte e oeste, rúa San Vicente; sur, rúa Borrallón e leste, predio S1, resultante deste proxecto de compensación, de Soacsa, S.A. Usos: parcela de titularidade pública destinada a sistema viario.

3. Requirir a Soacsa Coruña, S.A. para que ingrese a cantidade de 23,65 euros en concepto de taxa

que haberá que aboar pola tramitación do proxecto de compensación.

O que se publica para xeral coñecemento, indicando que contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación. Non obstante, pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno no prazo dun mes e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o TSXG no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa, e noutro caso, no de seis meses, contado desde a desestimación presunta do recurso de reposición, isto é, a partir do mes de telo interposto.

A Coruña, 3 outubro de 2002.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda