Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2002 Páx. 16.156

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO da aprobación definitiva das bases e estatutos do sector 2 San Pedro de Visma do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente.

A Comisión de Goberno en sesión celebrada o día 2 de agosto de 2002 dictou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente as bases e estatutos presentado pola comisión xestora do sector 2 San Pedro de Visma do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente.

Segundo.-Ordena-la citación persoal no expediente a aqueles que aparezan como interesados na súa calidade de titulares de bens e dereitos afectados, advertíndolles que poderán solicita-la incorporación á xunta de compensación no prazo dun mes contado a partir da presente notificación mediante escrito presentado ante a propia comisión xestora ou ante este concello.

Terceiro.-Ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP do anuncio correspondente segundo modelo oficial que se xunta, facultando a comisión xestora e no seu nome a Mª Luz Pérez Fernández, como secretaria dela, para a súa presentación e dilixenciamento ante o órgano correspondente.

Cuarto.-Adverti-la comisión xestora de que, unha vez vencido o prazo dun mes ó que se refire o punto segundo precedente, e logo de declaración de firmeza que será realizada por esa Administración, deberá de proceder á constitución da xunta de compensación con citación dos propietarios que solicitasen a súa incorporación, para o que dispoñen dun prazo máximo de tres meses contados desde a citada declaración de firmeza.

Quinto.-Designar como representante municipal no órgano rector da xunta adxunta a Xestión do Servicio de Urbanismo, Berta Rosón López.

Sexto.-Requiri-la comisión xestora, e o seu nome a Mª Luz Pérez Fernández para que ingrese na Caixa Municipal en concepto de depósito previo correspondente á liquidación da taxa pola tramitación do expediente, que ascende á cantidade de vinteseis mil oitocentas setenta e dous euros con corenta e cinco céntimos (26.872,45 euros), advertíndolle que sen a xustificación de ter ingresado a dita cantidade non se poderá dar trámite ó proxecto de compensación.

O que se publica para xeral coñecemento indicando que contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa publicación. Non obstante, pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno no prazo dun mes e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o TSXG no prazo de dous meses, se a resolución fora expresa, e noutro caso no de seis meses contados desde a desestimación presunta do recurso de reposición, isto é a partir do mes de telo interposto.

Comunícase así mesmo que á solicitude de adhesión á xunta de compensación terá que xunta-los títulos que posúan e declara-las situacións xurídicas que afecten os seus predios.

No caso dos titulares de un dereito de arrendamento ou algún outro sobre un inmoble, requírese a estes para que no prazo dun mes presenten ante a comisión xestora, con domicilio na r/ Santo André 56-8º C desta cidade, teléfono 981 22 10 33, ou ante o concello a documentación xustificativa de tal dereito.

A presente publicación producirá tamén os efectos previstos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para aqueles supostos de interesados ós que non poidan serlles practicada a notificación persoal, publicándose para estes efectos a relación completa deles no BOP.

A Coruña, 25 de setembro de 2002.

O alcalde

P.D

Salvador Fernández Moreda