Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2002 Páx. 16.157

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO das obras de adecuación peonil do adro da igrexa Torre de Celas e sinalización.

Por resolución da concelleira de Economía, Facenda, Patrimonio e Contratación, de data 17 de xuño, iniciouse o expediente mediante concurso con procedemento aberto, para a contratación da obra de adecuación peonil do adro da igrexa Torre de Celas e sinalización, incluída no Plan XXI do fomento do turismo e da natureza na provincia da Coruña, que conta cun orzamento de 124.292,83 euros.

Con data 12 de xullo publícase anuncio de licitación no DOG e o 17 do mesmo mes no BOP.

Dentro do prazo establecido para o efecto non se presenta ningunha empresa á licitación, polo que a Mesa Xeral de Contratación en sesión de data 22 de agosto propón declarar deserto o concurso e darlle inicio a un procedemento negociado sen publicidade, mantendo as condicións orixinais do contrato.

Vista esta proposta, por resolución do alcalde de Culleredo de data 26 de agosto declárase deserto o concurso e dáse inicio a un procedemento negociado sen publicidade.

Culleredo, 3 de setembro de 2002.

P.D. (Resolución 22-10-1999, BOP do 13

de novembro)

Purificación Illobre Carbón

Concelleira de Economía, Facenda, Patrimonio e Contratación