Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2002 Páx. 16.130

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2002 pola que se anuncia a convocatoria dunha praza de persoal laboral fixo para o ente de dereito público Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

A Lei 3/1999, do 11 de marzo, crea o Instituto Enerxético de Galicia (en adiante Inega) como un ente de dereito público, con personalidade xurídica propia e patrimonio propio para o cumprimento dos seus fins.

O artigo 13 da súa Lei de creación establece que o Inega poderá contar con persoal contratado en réxime laboral respectando os principios de publicidade, igualdade, mérito e capacidade. En virtude da súa condición de ente de dereito público, o Inega está suxeito á Lei 10/1996, de 5 de novembro, que regulamenta a actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia en materia de contratación e persoal. Esta lei somete a selección de persoal nas sociedades públicas ós principios antes enunciados.

De conformidade co anterior, resólvese convocar proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do ente público Inega, de acordo coas seguintes bases da convocatoria.

1. Normas xerais.

1.1. O obxecto do presente proceso selectivo será a cobertura dunha praza vacante no cadro de persoal do Inega, segundo figura a continuación:

Posto de traballo: conductor-ordenanza.

Nº de prazas: 1.

Titulación: graduado escolar ou equivalente.

Por non acadárense as porcentaxes mínimas esixidas, non se reservará ningunha praza para ser cuberta por persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%.

1.2. O procedemento de selección será o concurso-oposición, de acordo cos exercicios, sistemas de cualificación, relación de méritos e baremo destas así como o temario que figuran nos anexos II e III da presente convocatoria.

1.3. A adxudicación da praza ó aspirante que supere o proceso selectivo efectuarase de acordo coas puntuacións totais obtidas ó longo de todo o proceso de selección. A puntuación total do aspirante que supere o proceso selectivo resulta das puntuacións obtidas nas fases de oposición e de concurso.

1.4. O primeiro exercicio de oposición realizarase transcorrido, como mínimo, un mes desde a publicación no Diario Oficial de Galicia da presente convocatoria, expoñéndose a data deste exercicio, así como dos seguintes, no taboleiro de anuncios do Inega, no lugar de realización das probas e na páxina web do Instituto (www.Inega.es).

1.5. O aspirante ó que lle sexa adxudicada a praza será contratado en réxime de laboral fixo, mediante a formalización do correspondente contrato e a posterior incorporación definitiva.

2. Requisitos de admisión dos candidatos.

a) Ser español, nacional dun Estado membro da UE ou nacional do Reino de Noruega, ou nacional da República de Islandia.

Tamén poderán participa-lo cónxuxe e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais de países membros da Unión Europea, de Noruega ou de Islandia, sempre que non estean separados de dereito, menores de 21 anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas.

Este último beneficio será tamén de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando así se prevexa nos tratados internacionais subscritos pola Comunidade Europea e ratificados por España.

b) Ter cumprido dezaoito (18) anos de idade.

c) Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título académico de graduado escolar ou equivalente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá estarse en posesión de documento que acredite de forma que faga fe a súa homologación.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Non estar separados do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

f) Estar en posesición do permiso de conducir C.

Os aspirantes que non posúan nacionalidade española deberán acreditar igualmente non estar some

tidos a sancións disciplinarias ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á Función Pública.

Tódolos requisitos deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes e mantidos ata o momento de incorporarse a ocupa-la praza logo do asinamento do correspondente contrato.

3. Solicitudes.

3.1. Quen desexe tomar parte no proceso selectivo deberá presentar solicitude, segundo instancia axustada ó modelo que figura como anexo I á presente resolución.

O modelo de solicitude figura na páxina web do Inega e será, así mesmo, facilitado nas dependencias da entidade.

Xunto coa solicitude, os aspirantes deberán presenta-la seguinte documentación:

-Fotocopia do DNI.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar, deberán presentar unha fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de se-lo caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar o cargo do nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán achegar declaración xurada ou promesa deste de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, de se-lo caso, do feito de que o aspirante vive a expensas ou está ó seu cargo.

-Xustificante bancario de ter pagados ós dereitos de exame, no prazo establecido para a presentación de instancias.

-Relación dos méritos que se aleguen para a súa valoración na fase de concurso, documentados de acordo co disposto no anexo III.

3.2. Rexeitaranse todas aquelas instancias que non acheguen os documentos acreditativos dos requisitos esixidos para o acceso ó concurso-oposición e mailo aboamento dos dereitos de exame. Non se admitirán copias simples para acreditar méritos ou cumpri-los requisitos.

3.3. Lugar de presentación, prazo e destinatario.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ó da publicación da presente convocatoria no DOG.

As solicitudes, dirixidas á Dirección do Inega, presentaranse no rexistro xeral da entidade (rúa Ourense, nº 6 - A Rosaleda, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña) ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

3.4. Dereitos de exame.

De conformidade co disposto na Lei 2/2002, do 29 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, que modifica o Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo III do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, como requisito previo para participar no proceso selectivo deberán aboarse previamente, en concepto de dereitos de exame o seguinte importe:

Conductor-ordenanza: 23,79 A.

O impreso de autoliquidación de taxas poderá recollerse nos servicios centrais da Xunta de Galicia, nas delegacións provinciais das consellerías e no Inega.

Código de consellería: 08 Consellería de Industria e Comercio; código de delegación: 13; código de servicio: 07; código de taxa: 300300.

Quedan exentos do pagamento dos dereitos de exame tódolos aspirantes que acrediten unha discapacidade igual ou superior ó 33%, circunstancia que deberá ser acreditada documentalmente xunto coa instancia, acompañando copia cotexada de cuantificación de minusvalidez, de acordo coa normativa vixente.

3.5. Salvo no caso de persoas con minusvalidez, a non presentación do xustificante de impreso das taxas no que figura o selo da entidade bancaria con indicación da data, determinará a exclusión do aspirante.

En ningún caso a presentación do xustificante de pagamento dos dereitos de exame suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

3.6. O importe satisfeito en concepto de dereitos de exame devolveráselles, logo dos trámites correspondentes, ós aspirantes excluídos que o soliciten.

3.7. Os aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na súa solicitude. Ó mesmo tempo, deberán solicita-las posibles adaptacións de medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria.

3.8. O Inega reservarase para si a facultade de comproba-la veracidade dos documentos achegados polos aspirantes.

3.9. O enderezo que figura nas instancias considerarase como o único válido para os efectos das notificacións, sendo responsabilidade do aspirante tanto un erro na súa consignación como a comunicación ó Inega de calquera cambio nel.

4. Admisión dos aspirantes.

4.1. Esgotado o prazo de presentación de solicitudes, ós 10 días exporase no taboleiro de anuncios e na páxina web do Inega a lista provisional de admitidos e excluídos ó proceso selectivo. Respecto destes últimos farase consta-la causa da súa exclusión.

4.2. Os aspirantes excluídos poderán presentar documentación complementaria ante a Dirección do Inega no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación da lista provisional de admitidos e excluídos ó proceso selectivo, para poder emendar, de se-lo caso, o defecto que motivase a exclusión. Para tal efecto, a estimación ou desestimación das peticións de emendas entenderanse implícitas na resolución pola que se dá publicidade á lista definitiva.

4.3. Os erros de feito poderanse emendar en calquera momento, ben de oficio ben por instancia do interesado.

4.4. Unha vez transcorrido o dito prazo, a Dirección do Inega dictará resolución coa lista definitiva de admitidos e excluídos, contra a que se poderá interpor, no prazo dun mes, recurso potestativo de reposición de acordo cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, ou ser impugnada directamente ante a xurisdicción contencioso-administrativa, nos casos e na forma prevista na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso administrativa.

A citada resolución será exposta, para os efectos de publicidade, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Inega, xunto coa indicación do lugar e data no que comezarán as probas, ás que deberán asisti-los candidatos provistos de DNI.

4.5. O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento selectivo. Cando da documentación que se debe presentar no caso de superalo se desprende que non posúen algún de tales requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puideran derivarse da súa participación no procedemento.

5. Tribunais.

5.1. O tribunal encargado de efectua-la selección estará constituído por un número impar de membros, non superior a 7, debendo designarse o mesmo número de suplentes, e serán nomeados polo director do Inega. A súa composición farase pública no taboleiro de anuncios do Inega e na páxina web do Instituto.

5.2. Tódolos membros dos tribunais actuarán con voz e voto.

5.3. Os membros dos tribunais deberán absterse de formar parte destes cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do RXAP e PAC. Os aspirantes poderán insta-la recusación cando concorran tales circunstancias de acordo co previsto no artigo 29 da citada lei.

Os presidentes dos tribunais poderán solicitarlles ós membros destes declaración expresa de non atoparse incursos nas causas de abstención e recusación.

5.4. O tribunal non poderá constituírse nin actuar se non está presente o presidente e o secretario e polo menos un dos seus vocais.

As decisións adoptaranse por maioría dos membros presentes, resolvendo en caso de empate o voto de calidade do presidente.

5.5. O tribunal queda facultado para resolve-las dúbidas que xurdan da aplicación destas bases e poderá adopta-los acordos que correspondan para aqueles supostos non previstos nas bases.

A súa actuación rexerase polo establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de RXAP e PAC para os órganos colexiados.

5.6. Son funcións do tribunal:

-Elabora-las probas e garanti-lo seu segredo.

-Avalia-las probas e cualifica-los aspirantes segundo o establecido na presente convocatoria.

-Formalizar, mediante actas, todo o proceso do concurso-oposición e mailo resultado final, que será remitido ó director do Inega mediante certificación do secretario do tribunal na que se fará consta-la lista de aspirantes por orde de cualificación.

5.7. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de aspirantes ó das prazas convocadas. Calquera proposta que contraveña este punto será nula de pleno dereito.

5.8. Para os efectos de comunicacións e demais incidencias, os tribunais terán a súa sede na rúa Ourense, nº 6 A Rosaleda, 15701 Santiago de Compostela.

5.9. O tribunal terá a categoría 5ª, de acordo co establecido no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón de servicio ó persoal con destino na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 122, do 22 de xuño).

6. Contratación laboral e período de proba.

6.1. Concluído o proceso selectivo, o tribunal elevará ó director do Inega a proposta de candidato, segundo a orde da puntuación obtida ó longo de todo o proceso, para a formalización do correspondente contrato.

6.2. No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes este resolverase pola puntuación obtida na primeira proba, e se iso non fora

suficiente para desfacelo, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que se resolva. De persisti-lo empate, resolverase por orde alfabética de acordo co sorteo de letra vixente para estes efectos, resolto e publicado pola Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 27 de febreiro de 2002 (DOG nº 47, do 6 de marzo).

6.3. Para os efectos da súa contratación, os aspirantes seleccionados deberán presentar no prazo de 20 días naturais seguintes ó requirimento do Inega os seguintes documentos:

-Fotocopia compulsada do título esixido ou certificación académica que acredite ter realizados tódolos estudios para a obtención do título, ou de se-lo caso, documento que acredite de xeito que faga fe a posesión do correspondente título académico.

-Certificado médico oficial que acredite non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

-Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

6.4. Os que dentro do prazo fixado, salvo os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou do exame desta se deducira que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base 2, non poderán ser contratados, e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo de responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

6.5. A contratación para ocupa-la vacante do cadro de persoal fixo estará sometida a un tempo de proba dun mes.

6.6. O desempeño de calquera posto de traballo no Inega estará sometido ás incompatibilidades previsto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servicio das administración públicas.

7. Recursos.

Contra a presente convocatoria e as súas bases poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de RXAP e PAC, ou ser impugnadas directamente ante a xurisdicción contencioso-administrativa nos casos e na forma prevista na Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora de dita xurisdicción. Así mesmo, os interesados poderán interpor recurso de alzada contra os actos do tribunal ante o director do Inega nos termos previstos no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2002.

Juan Caamaño Cebreiro

Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO II

Exercicios, probas e sistema de cualificación

1. Exercicios e probas.

1.a) Normas xerais.

Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único e será excluído quen non compareza, podéndose considerar os casos de forza maior, debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal. Os anuncios para a realización dos exercicios faraos públicos o tribunal na súa sede, con corenta e oito (48) horas de antelación como mínimo ó seu comezo.

As probas realizaranse a porta pechada sen outra asistencia que a dos aspirantes, a dos membros do correspondente tribunal e a dos colaboradores designados por este, de se-lo caso.

As puntuacións expoñeranse no taboleiro de anuncios do Inega, no lugar de celebración das probas e na páxina web do Instituto, unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios de cada proba.

1.b) Normas específicas.

-Conductor-ordenanza.

Establécense tres tipos de exercicios:

Primeiro exercicio.-Exame de carácter eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito a un cuestionario de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, das que só unha será correcta, que será o resultante do sorteo de entre dous cuestionarios elaborados previamente polo tribunal e correspondentes ó contido do programa que figura no anexo IV.

O tempo máximo de duración deste exercicio será dunha hora.

Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 5 puntos, correspondéndolle ó tribunal determinar o nivel de coñecementos esixidos para acada-la puntuación mínima.

Para os efectos da súa puntuación teranse en conta as seguintes normas:

* Por cada dúas respostas incorrectas, descontarase unha correcta.

* As respostas en branco non puntúan.

* As dobres respostas e as que non estean claras consideraranse incorrectas.

No prazo das vintecatro horas seguintes ó día da celebración do exame, faranse públicas as respostas correctas do test no lugar de realización do exercicio, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Inega.

Segundo exercicio.-Exame eliminatorio, de carácter teórico-práctico.

Consistirá na realización de dous supostos prácticos relacionados coas funcións do posto de ordenanza-conductor e correspondentes o temario.

Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 5 puntos, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-la puntuación mínima.

Terceiro exercicio.-Exame de carácter eliminatorio, constará de dúas probas:

-Primeira proba: consistirá na traducción dun texto do galego ó castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

-Segunda proba: consistirá na traducción dun texto do castelán ó galego, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será dunha hora.

Este exercicio cualificarase como apto ou non apto; será necesario para superalo obte-lo resultado de apto, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-lo resultado de apto.

Están exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten a posesión do curso de iniciación de galego.

ANEXO III

Relación de méritos e baremo na fase de concurso

Rematada a fase de oposición, o tribunal avaliará os méritos que con motivo da súa experiencia profesional acrediten os aspirantes que teñan superada a fase de oposición.

Os méritos alegados deberán acreditarse documentalmente, ben presentando documentación orixinal ou fotocopia compulsada. A experiencia laboral acreditarase co historial completo emitido pola Tesourería da Seguridade Social e mailo certificado de empresa, mediante copia cotexada de nóminas ou mediante os contratos de traballo.

Experiencia profesional acreditada, ata un máximo de 12 puntos:

-Experiencia profesional nunha sociedade pública da Comunidade Autónoma galega desempeñando os servicios da categoría á que se opta: 2 puntos por ano traballado ou fracción.

-Experiencia profesional na Administración autonómica galega, desempeñando os servicios da categoría á que se opta: 1 punto por ano traballado ou fracción.

-Experiencia profesional noutras administracións públicas, desempeñando os servicios da categoría á que se opta: 0,5 puntos por ano traballado ou fracción.

Os méritos enumerados deberán referirse ó día de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

A baremación desta fase de concurso será feita pública no taboleiro de anuncios do Inega, con indicación da puntuación obtida por cada aspirante. Contra a baremación, os aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación perante o propio tribunal no prazo de dez (10) días hábiles a partir do seguinte ó da exposición da dita baremación.

Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, se é o caso, as oportunas correccións á baremación inicialmente asignada a cada aspirante, o tribunal incluiraas no acordo definitivo que conteña a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

ANEXO IV

-Conductor-ordenanza.

1. A Constitución española. Dereitos e deberes fundamentais. A Coroa. As Cortes Xerais. O Tribunal Constitucional. O Consello Xeral do Poder Xudicial.

2. O procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e terminación. Recursos administrativos. Concepto e clases.

3. O Estatuto de autonomía de Galicia. Competencias da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. A Administración pública da Comunidade Autónoma. O Consello da Xunta de Galicia. Organización e estructura das consellerías. O Inega: estructura e funcións.

4. Xeografía física e política de Galicia. Principais accidentes físicos. Provincias, comarcas, concellos e principais localidades.

5. Código de Circulación. Dereito de regulación de servicio automobilístico da Xunta de Galicia, Orde que o desenvolve.

6. O conductor. Factores que diminúen as actitudes do conductor. Permisos e licencias de conducción: clases e vehículos autorizados que se van conducir.

7. Vehículo: definicións, documentación, a carga e as persoas transportadas.

8. O accidente de circulación: comportamento en caso de accidente. Delictos contra a seguridade do tráfico. Nocións básicas de primeiros auxilios.

9. Funcionamento dun motor de catro tempos: admisión, comprensión, explosión ou acendido e escape.

10. Clasificación dos motores: pola súa disposición, polo número de cilindros e polo tipo de combustible.

11. O engraxamento: aceites, a súa finalidade e tipos. Sistemas de engraxamento. Cambio de aceites. Ventilación. Filtración. Refrixeración no vehículo: funcións, distintos tipos de refrixeración e o seu coñecemento.

12. Elementos de seguridade: freos, tipos e o seu coñecemento. A suspensión. Funcións dos amortecedores.

13. A transmisión: caixa de cambios. Árbore de transmisión. Diferencial. Palieres. Embrague, a súa misión.

14. Electricidade do vehículo. Batería. Bobina. Ruptor. Distribuidor. Buxías. Regulación. Dínamo. Alternador. Motor de arrincada. Béndix. O condensador. Simboloxía: corrente continua, corrente alterna, fusible, resistencia, condensador, amperímetro, voltímetro, motor xerador, interruptor.

15. O motor diésel. Órganos principais. Bomba de inxección e inxectores: funcionamento. Bomba de alimentación. Arrincada en frío, quentadores.

16. Pneumáticos e lamias. Aliñamento do eixe dianteiro. Convenxencia e caída. O fenómeno «aquaplaning». Mantemento sistemático dun vehículo. Avarías, síntomas. Comprobacións. Posta a punto do vehículo. Reparacións de emerxencia.

17. Recepción. Control de entrada e saídas do persoal do centro e dos usuarios dos distintos servicios.

18. Estadías dos usuarios dos servicios do centro. Información, orientación e asistencia. Servicio de chaves e o seu control, correspondencia. Recados e mensaxes. Correspondencia oficial: entradas, saídas e repartición.

19. Información e atención ó cidadán.

20. Chamadas a través de operadora. Procedementos. Preparación da consola. Definición dos tipos de chamadas. Servicio nocturno. Alarmas. Centrais telefónicas. Tipos de centraliñas. Características. Centraliñas modulares. Centrais dixitais.