Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2002 Páx. 16.130

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

ANUNCIO do 12 de novembro de 2002 das listas provisionais de admitidos e excluídos das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de operador de ordenador do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

Ó abeiro do disposto na base 4.1 da Resolución do 9 de setembro de 2002, do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de operador de ordenador do CIXTEC. Anúnciase que o director xeral deste centro dictou Resolución do 12 de novembro de 2002, pola que declara aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos das citadas probas selectivas.

As devanditas listas están expostas no taboleiro de anuncios do citado centro, podendo ser consultadas, así mesmo, no seguinte enderezo da Internet: http://www.cixtec.es.

Así mesmo, os aspirantes excluídos disporán dun prazo de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para poder corrixi-los defectos que motivaron a súa exclusión.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2002.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable