Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2002 Páx. 16.129

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de vicetesoureiro/a da Deputación Provincial da Coruña.

De conformidade co disposto no artigo 28 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional e no exercicio da competencia atribuída

polo artigo 13 bis da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e a Orde do 29 de maio de 2002, sobre delegación de competencias no director xeral de Administración local.

Esta dirección xeral acorda publica-la adxudicación do posto de vicetesoureiro da Deputación Provincial da Coruña, polo procedemento de libre designación, reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, que se relaciona no anexo adxunto.

A toma de posesión efectuarase conforme o disposto no artigo 23 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, sobre provisión de postos reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2002.

P.S. (Orde 27-9-2002)

Juan José Martín Álvarez

Director xeral de Administración local

ANEXO

Corporación: Deputación Provincial da Coruña.

Posto adxudicado: vicetesourería.

Publicación da convocatoria: Orde do 26 de abril da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública (Diario Oficial de Galicia nº 90, do 10 de maio).

Resolución e adxudicación: resolución do presidente da deputación do 9 de outubro de 2002.

Adxudicataria: Ana María Fernández Rodríguez. Número de Rexistro de Persoal: 5071671835A3014.

Subescala e categoría: intervención-tesourería, categoría de entrada.

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA,

ECONÓMICO-FINANCEIRA

E CONTABLE