Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2002 Páx. 16.123

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Casais y Cía, S.L.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Casais y Cía, S.L. (código convenio 1503162), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 12-9-2002, complementado o 11-10-2002 e o 21-10-2002, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polo delegado de persoal o día 9-9-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto

lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación

ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de outubro de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa Casais y Cía, S.L.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio é o que regulará con carácter preferente as relacións laborais entre a empresa Casais y Cía, S.L. e os seus traballadores, na provincia da Coruña.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O presente conveno terá unha duración de dous anos, con efectos desde o día 1 de outubro de 2002 ata o 31 de outubro de 2004. En caso de non mediar denuncia por calquera das partes afectadas cunha anticipación non menor de dous meses ó final da súa vixencia, o convenio quedará prorrogado por un período de dous anos. A denuncia formalizarase por escrito e remitiráselle ó representante legal da outra parte.

Artigo 3º.-Devengos salariais.

O presente convenio entrará en vigor o día da súa sinatura, con efectos salariais desde o 1 de outubro de 2002. En caso de que o IPC establecido polo INE rexistrase o 31 de decembro de 2002 un incremento superior ó 4,5%, efectuarase automaticamente a revisión pertinente sobre as táboas salariais na contía exacta do exceso porcentual, excepto a antigüidade.

Artigo 4º.-Xubilacións.

A xubilación será obrigatoria ó cumpri-lo traballador a idade de 65 anos, sen prexuízo de que o traballador poida completa-los períodos de carencia na cotización á Seguridade Social, caso no que a xubilación será obrigatoria ó completar estes. O traballador con 20 ou máis anos de antigüidade na empresa que decida voluntariamente e logo de acordo coa empresa a xubilación anticipada, percibirá unha gratificación consistente nas contías seguintes:

-Ós 60 anos de idade, 19 mensualidades.

-Ós 61 anos de idade, 17 mensualidades.

-Ós 62 anos de idade, 14 mensualidades.

-Ós 63 anos de idade, 10 mensualidades.

A solicitude deberá ser efectuada polo traballador cun mes de anticipación ó cumprimento da idade en que se pretenda acoller a este beneficio. A men

sualidade refírese ó salario base mailo complemento de longa distancia se é o caso.

A gratificación será satisfeita pola empresa mediante o rateo ó longo das catro anualidades seguintes, en caso de facelo ós 60 anos, e de 3, 2 e 1 se o fai ós 61, 62 e 63 respectivamente. A empresa e o traballador poderán pactar outra forma de pagamento.

En caso de reducirse por disposición legal a idade de xubilación, quedará en suspenso da aplicación deste artigo ós supostos afectados pola reducción legal.

Artigo 5º.-Defunción.

A empresa obrígase a concertar unha póliza de seguro colectivo de vida ós seus traballadores por un importe de 3.005,06 euros por cada traballador, que lle será aboado ó beneficiario designado polo traballador por esta orde:

A empresa aboará catro mensualidades dos salarios que figuran no convenio, o complemento e a antigüidade correspondente ós seguintes familiares dun empregado que con el convivan:

1. Cónxuxe viúvo.

2. Fillos.

3. Ascendentes.

4. Persoa que designe o traballador. Este caso anula os beneficiarios anteriores.

Independentemente do seguro de vida a que ten dereito o traballador, aboaráselle ó beneficiario o salario completo do mes no que se produza o seu falecemento.

Artigo 6º.-Xornada.

Establécese unha xornada durante a vixencia do presente convenio de 1.800 horas de traballo efectivo en cómputo anual e de 40 horas semanais, de luns a domingo.

Artigo 7º.-Axudas de custo.

As axudas de custo que se lle satisfarán ó persoal que se desprace da súa residencia por necesidade do servicio serán dun mínimo de 33 euros por día, dentro do territorio español, e dun mínimo de 48 euros fóra de España, podendo percibir ata un máximo de 94 euros cando o traballo se realice en sábado, domingo ou festivo, ou ben teña que permanecer parado co vehículo por necesidades do horario ou do traballo.

Artigo 8º.-Licencias.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Dous días nos casos de nacemento de fillo ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata

segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando por tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

c) Un día por traslado do domicilio do traballo.

d) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, comprendido no exercicio de sufraxio activo. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, aplicarase o que esta dispoña en canto á duración da ausencia ou á súa compensación económica.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido en máis do 20% das horas laborais nun período de tres meses, a empresa poderá pasa-lo traballador afectado á situación de excedencia regulada no punto 1 do artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

No suposto de que o traballador por cumprimento do deber ou desempeño do cargo perciba unha indemnización, descontaráselle o importe desta do salario ó que tivese dereito na empresa.

e) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

f) De acordo coa Lei 39/1999, de protección do embarazo.

Artigo 9º.-Carné de conducir.

Para os casos de privación do carné de conducir de calquera traballador afectado por este convenio, a empresa facilitaralle ó traballador ocupación en calquera traballo, aínda de inferior categoría, polo período de privación do carné, sempre que non exceda de seis meses, sen perda dos emolumentos que viña percibindo.

O disposto neste artigo non será de aplicación nos seguintes casos:

a) Que a privación do permiso de conducir sexa reincidente dentro da vixencia do presente convenio.

b) Que a privación do permiso de conducir derive de feitos acaecidos no exercicio da actividade de conducir allea á empresa.

c) Que a privación do permiso de conducir sexa como consecuencia da comisión de delictos dolosos.

d) Que a privación do permiso de conducir sexa como consecuencia de ter inxerido bebidas alcohólicas ou tomado algún tipo de estupefacientes, ou ter incorrido en imprudencia temeraria.

Artigo 10º.-Antigüidade.

Todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá, con carácter xeral, en concepto de complemento de antigüidade, unha contía fixa por cada 5 anos de servicios prestados á empresa.

As percepcións por quinquenios serán as seguintes:

-5 anos: 51,08 euros/mes.

-10 anos: 78,13 euros/mes.

-15 anos: 102,17 euros/mes.

-20 anos: 129,22 euros/mes.

-25 anos: 162,27 euros/mes.

Os quinquenios comezaranse a devengar a partir do día 1º do mes seguinte a aquel en que se cumpra o quinquenio.

Artigo 11º.-Vacacións.

Tódolos traballadores, con independencia da súa antigüidade na empresa, terán dereito a 30 días naturais de vacacións remuneradas ó ano, podéndose pacta-la forma do seu desfrute, se isto afectase o normal funcionamento e a orde da actividade da empresa.

Artigo 12º.-Pagas extras.

Establécense dúas pagas extraordinarias de 30 días de salario base máis antigüidade.

Artigo 13º.-Comisión paritaria.

A comisión paritaria será un órgano de interpretación, conciliación, arbitraxe e vixilancia do convenio.

As súas funcións específicas serán as seguintes:

1. Interpretación auténtica do convenio.

2. Arbitraxe dos problemas ou cuestións que lle sexan sometidos por ámbalas partes, de común acordo, en asuntos derivados deste convenio.

3. Conciliación facultativa nos problemas colectivos con independencia das atribucións que, por norma legal, poidan corresponderlles ós organismos correspondentes.

4. Vixilancia e seguimento do cumprimento do pactado.

5. Estudio da evolución das relacións entre as partes contratantes.

6. Cantas outras cuestións tendan á maior eficacia práctica do convenio.

Os acordos ou resolucións adoptados por unanimidade de tódolos membros presentes da comisión mixta terán carácter vinculante.

De non obterse unanimidade, seguiranse, para a resolución das cuestións presentadas, as canles legalmente previstas.

A comisión estará integrada por dous vocais, o empresario e o representante legal dos traballadores. Poderanse nomear asesores por cada representación, aínda que non terán dereito ó voto.

A comisión non poderá actuar sen a presencia dos dous vocais e reunirase por instancia das partes, póndose de acordo sobre o lugar e a hora en que se deberá realiza-la reunión.

En ningún caso se poderá reuni-la comisión antes do transcurso dun prazo de tres meses desde a anterior, salvo no suposto de circunstancias extraordinarias debidamente xustificadas apreciadas de común acordo.

Ámbalas partes conveñen en dar coñecemento á comisión mixta de tódalas dúbidas, discrepancias e conflictos que se puidesen producir como consecuencia da interpretación e aplicación do presente convenio, para que a comisión actúe de acordo coas súas funcións.

Artigo 14º.-Roupa de traballo.

Independentemente da roupa de traballo que a empresa lles facilite ós seus traballadores, proverase os que efectúen traballos á intemperie de roupa de auga e de botas adecuadas; ó persoal administrativo facilitaráselle igualmente un gardapó. A duración destas pezas de roupa será de seis meses a un ano.

Artigo 15º.-Complemento de longa distancia.

Os conductores e acompañantes que circulen por rutas do Estado español, excepto Galicia e provincias limítrofes, percibirán a cantidade de 66,19 euros mensuais.

Artigo 16º.-Póliza de seguros.

A empresa quedará obrigada a concertar con primas íntegras ó seu cargo cando se publique este convenio unha póliza de seguros que cubra os riscos de morte e invalidez por accidente de traballo, e que lles garanta a tódolos traballadores a percepción das indemnizacións seguintes:

a) En caso de falecemento do traballador por accidente: 21.035,42 euros.

b) En caso de invalidez total ou absoluta do traballador por accidente: 27.045,54 euros.

Esta compensanción é compatible coa pensión e indemnización que poida causa-lo traballador na Seguridade Social.

Artigo 17º

Recoñécense as garantías sindicais conforme o establecido na Lei orgánica de liberdade sindical.

Artigo 18º.-Contratación eventual.

Os traballadores contratados para atende-las esixencias circunstanciais do mercado, acumulación de tarefas ou períodos, aínda tratándose da actividade normal da empresa, terán a consideración de traballadores eventuais. Estes traballadores así contratados terán os mesmos dereitos e igualdade de trato cós demais traballadores do cadro de persoal, salvo as limitacións que se derivan da súa natureza e da duración do seu contrato.

En tales casos, os contratos poderán ter unha duración máxima de seis meses, dentro dun período de doce meses, contados a partir do momento no que se produzan as ditas causas. Por convenio colectivo de ámbito sectorial estatal ou, no seu defecto, por convenio sectorial de ámbito inferior, poderá modi

ficarse a duración máxima destes contratos e o período dentro do cal se poden realizar, en atención ó carácter estacional da actividade en que estas circunstancias se poidan producir.

Artigo 19º.-Cursos de perfeccionamento.

Cando se organicen cursos de perfeccionamento e voluntariamente os realicen os traballadores, logo de autorización da empresa, os gastos de matrícula serán por conta dela.

Para a realización de exames oficiais que conduzan ó perfeccionamento profesional no centro de traballo, o traballador terá a correspondente licencia, con dereito a retribución, debendo xustificar tanto a formalización da matrícula como ter asistido ós ditos exames.

Artigo 20º

Para todo aquilo que non estivese recollido expresamente neste convenio, as partes acolleranse ó pactado no convenio colectivo do sector na provincia da Coruña.

ANEXO

Táboas salariais, vixencia do 1-10-2002

ó 31-10-2004

CategoríasMesPaga extraAnual

Grupo 1º
Persoal superior técnico

* Subgrupo A
Xefe de servicio1.061,16837,7614.409,44

* Subgrupo B
Enxeñeiro e licenciados1.000,12789,5713.580,58
Enxeñeiro técnico e aux. tit.869,12686,1411.801,72
Axudante técnico sanitario804,01634 7410.917,60

Grupo 2º

* Subgrupo A
Persoal administrativo
Xefe de sección891,39703,7212.104,12
Xefe de negociado863,29681,5411.722,56
Oficial de 1ª820,89648,0811.146,84
Oficial de 2ª798,17630,1210.838,28
Auxiliar administrativo727,39574,259.877,18
Aspirante580,88458,607.887,76

* Subgrupo B
Transporte de mercadorías
Xefe de tráfico de 1ª803,65634,4810.912,76
Xefe de tráfico de 2ª779,36615,3110.582,94
Xefe de tráfico de 3ª763,42602,7210.366,48
Conductor-mecánico777,05613,4810.551,56
Conductor764,32603,4310.378,70
Conductor motocicleta e furgón749,94592,0710.183,42
Axudante740,45584,5810.054,56
Mozo especializado738,60583,1210.029,44
Mozo carga, descarga e reparto724,78572,229.841,80

* Subgrupo C
-Persoal de serv. auxiliares
Encargado xeral de 1ª775,50612,2510.530,50
Encargado xeral de 2ª738,60583,1210.029,44
Encargado de almacén729,78576,169.909,68
Engraxador-lavacoches746,38589,2710.135,10
Garda724,78572,219.841,78
-Persoal de talleres
Xefe de taller887,29700,5112.048,50
Encargado xeral799,34631,0810.854,24
Encargado de almacén799,34631,0810.854,24
Xefe de equipo777,05613,4710.551,54
Oficial de 1ª769,66607,6510.451,22
Oficial de 2ª747,16589,8810.145,68
Oficial de 3ª746,68589,5010.139,16
Mozo de taller738,52583,0610.028,36