Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 18 de novembro de 2002 Páx. 16.102

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VEDRA

ANUNCIO.

Co obxecto de favorece-la participación dos interesados en xeral faise pública a ampliación do prazo de exposición do avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vedra e do que tomou coñecemento o Pleno en sesión do 20 de setembro de 2002.

O novo prazo de exposición pública do avance finalizará o día 4 de decembro de 2002.

A documentación do referido avance poderá ser examinada, durante o citado prazo, polas entidades e os particulares de cara á presentación de suxestións, propostas e convenios urbanísticos que estimen pertinentes.

Vedra, 5 de novembro de 2002.

Odón C. Cobas García

Alcalde