Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 18 de novembro de 2002 Páx. 16.102

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

De conformidade co artigo 326 da Lei 5/1997, da ALG, anúnciase poxa para adxudicación da explotación dun quiosco na praza de Galicia, por urxencia, cun canón de 3.005,06 A, por cinco anos, que pode ser mellorado á alza, facéndose constar que se expón ó público a citada documentación polo prazo de 13 días naturais para efectos de recadacións e alegacións, así como que se abre un prazo de trece días naturais para presentación de propostas polos contratistas a partir da publicación de edicto no BOP, aínda que a contratación poderá quedar en suspenso á vista das reclamacións ou alegacións que se poidan presentar.

Tui, 7 de novembro de 2002.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde