Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 18 de novembro de 2002 Páx. 16.103

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 17 de setembro de 2002, da Dependencia Rexional de Recadación de Cantabria, de notificación de providencia de constrinximento.

De conformidade co disposto nos artigos 105.6º e 126.4º da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, redactados conforme o disposto no artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro (Boletín Oficial del Estado nº 313, do 31 de decembro), e tentada por dúas veces a notificación ó interesado ou o seu representante do acto administrativo providencia de constrinximento, sen que fose posible levala a efecto por causas non imputables á Administración tributaria, ponse de manifesto, mediante este anuncio, que se encontran pendentes de notificar actos do procedemento de constrinximento, en particular, providencias de constrinximento, dos debedores que se relacionan máis abaixo, clasificados por Administración, sendo os órganos respon

sables da tramitación dos citados actos as respectivas unidades de recadación que se relacionan a seguir:

Órgano responsable da tramitación: Área de Xestión Recadatoria. Dependencia de Recadación da Delegación da Axencia Tributaria de Santander.

Enderezo: Calvo Sotelo, 27, 3ª planta. Santander. Cantabria.

En virtude do anterior, dispoño que os debedores ou os sus representantes debidamente acreditados deberán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial de Cantabria, de luns a venres, das 9 ás 14 horas, ante os respectivos órganos responsables da tramitación sinalados máis arriba e cos enderezos que así mesmo se fixeron constar.

Así mesmo, advírteselles ós interesados que, de non compareceren no mencionado prazo, a notificación entenderase producida paraa tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santander, 17 de setembro de 2002.

Manuel J. Valentín Fernández Santacruz

Xefe rexional de Recadación

Datos do contribuínteConcepto/Descrición/Obx. trib.Clave liquidaciónImporte

13729568-V

Ortiz Cea, Antonio Manuel

R/ Las Huertas, 8, 1, Santoña

Sanción exp.: 1999/CO155 Pesca, Marisqueo e AcuiculturaC1100002150015461901,52