Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 18 de novembro de 2002 Páx. 16.090

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a modificación da declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Monte Cabeza, nos concellos de Chantada e Antas de Ulla (Lugo) e Rodeiro (Pontevedra), promovido pola empresa Elecnor, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 26 de agosto de 2002 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se modifica a declaración de impacto ambiental do proxecto de parque eólico Monte Cabeza, no concellos de Chantada e Antas de Ulla (Lugo) e Rodeiro (Pontevedra), promovido pola empresa Elecnor, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

ANEXO

Con data do 18 de decembro de 2001, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental (DIA) do parque eólico de referencia.

Con data do 24 de abril de 2002 ten entrada na Consellería de Medio Ambiente o documento titulado Documentación adicional ó estudio de impacto ambiental. Abril 2002, presentado polo promotor en cumprimento do requirido nos puntos 11.1 a 11.7 da devandita DIA.

Revisado o citado documento, detectáronse unha serie de modificacións de importancia na configuración do parque, polo que se lle requiriu ó promotor a presentación dun documento técnico no que se detallasen e xustificasen a totalidade das modificacións introducidas.

En resposta a este requirimento, con data do 7 de xuño de 2002 recíbense na Consellería de Medio

Ambiente os documentos titulados Documentación adicional ó estudio de impacto ambiental. Maio 2002 e Control y Seguimiento P.E. Monte Cabeza. Informe Previo.

A citada documentación, tralo informe favorable condicionado da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, conta, para os únicos efectos ambientais, co informe favorable desta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, segundo oficio do 26 de agosto de 2002, no que se establece a planta definitiva que terá o parque eólico.

En consecuencia, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer pola presente resolución a modificación da DIA do parque eólico Monte Cabeza nos termos que a continuación se indican:

No punto 1. Ámbito da declaración, introdúcense as seguintes modificacións:

1. O cuarto parágrafo substitúese polo seguinte:

A localización dos aeroxeradores e a infraestructura asociada ó parque eólico será a que se recolle nos planos P.E. Monte Cabeza. Detalle de infraestructuras. Data: abr/02. MC-OC-01-1 y MC-OC-01-2 a escala 1:4.000, incluídos na Documentación adicional ó estudio de impacto ambiental. Maio 2002.

2. A cuarta liña da páxina 4 de 25, onde di:

«As coordenadas UTM dos 18 aeroxeradores con posicións definidas son as seguintes».

Substitúese por:

«As coordenadas UTM dos 23 aeroxeradores previstos son as seguintes».

3. A táboa das coordenadas UTM dos aeroxeradores substitúese pola seguinte:

AeroxeradorUTM XUTM Y

MC-1590.8914.724.901

MC-2590.8504.725.074

MC-3590.8684.725.291

MC-4590.8314.725.465

MC-5590.7884.725.583

MC-6590.7554.725.696

MC-7590.6944.725.809

MC-8590.7014.726.135

MC-9590.6644.726.246

MC-10590.5614.726.434

MC-11590.5504.726.566

MC-12592.5404.730.105

MC-13592.5664.730.238

MC-14592.4644.730.379

MC-15592.2134.730.418

MC-16592.1284.730.517

MC-17592.0314.730.629

MC-18591.9394.730.734

MC-19590.5484.731.345

MC-20590.4864.731.457

MC-21590.4294.731.567

MC-22590.3694.731.710

MC-23590.3134.731.799