Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: UDESA.
Domicilio social: rúa Madrid, 1 B (polígono das Fontiñas), 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).
Denominación: L.M.T. de Pardiñas, Peñasco, Maquía, Abellá e Marís e derivadas Maquía-Casal L.M.T. Ameixeira.
Situación: Ordes e Frades.
Descricións técnicas: legalizar L.M.T. aérea 15/20 kV de 5.446 m de lonxitude en conductor LA-56 que parte de Pardiñas, Peñasco, Maquía, Abellá e Marís e derivada en LA-30 ós lugares de Casal e Ameixeira. Concellos de Ordes e Frades.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 10 de outubro de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña