Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: UDESA.
Domicilio social: rúa Madrid, 1 B (polígono das Fontiñas), 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).
Denominación: L.M.T. Celtibox.
Situación: Cerceda.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea 15/20 kV de 250 m de lonxitude, en conductor LA-56, que parte da L.M.T. Alto de Vilar-Cerceda e final no C.T. Celtibox. Concello de Cerceda.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285),
e no título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 10 de outubro de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña