Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 18 de novembro de 2002 Páx. 16.091

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se publica a modificación da declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Penas Grandes, nos concellos de Carballedo (Lugo) e Rodeiro (Pontevedra), promovido pola empresa Elecnor, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 10 de setembro de 2002 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se modifica a declaración de impacto ambiental do proxecto de parque eólico Penas Grandes, no concellos de Carballedo (Lugo) e Rodeiro (Pontevedra), promovido pola empresa Elecnor, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

ANEXO

Con data do 28 de xaneiro de 2002, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental (DIA) do parque eólico de referencia.

Con data do 10 de maio de 2002 ten entrada na Consellería de Medio Ambiente o documento titulado parque eólico Penas Grandes. Documentación adicional Ó estudio de impacto ambiental. Abril 2002, presentado polo promotor en cumprimento do requirido nos puntos 11.1 a 11.9 da devandita DIA.

Revisado o citado documento, detectáronse unha serie de modificacións de importancia na configuración do parque, ademais das esixidas na DIA, polo que se lle requiriu ó promotor a presentación dun documento técnico no que se detallasen e xustificasen a totalidade das modificacións introducidas, así como unha avaliación ambiental comparativa respecto da situación inicial.

En resposta a este requirimento, con data 27 de xuño de 2002 recíbense na Consellería de Medio Ambiente os documentos titulados parque eólico Penas Grandes. Documentación adicional Ó estudio de impacto ambiental. Xuño 2002 e Control e seguimiento P. E. Penas Grandes. Informe previo.

Logo do informe das direccións xerais de Patrimonio Cultural e Conservación da Natureza, a antedita documentación recibiu o informe desta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, segundo oficio do 10 de setembro de 2002, no que se establece, para os sós efectos ambientais, a planta definitiva que terá o parque eólico.

En consecuencia, esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer pola presente resolución a modificación da DIA do parque

eólico Penas Grandes nos termos que a continuación se indican:

No punto 1. Ámbito da declaración, introdúcense as seguintes modificacións:

1. O terceiro parágrafo substitúese polo seguinte:

A localización dos aeroxeradores e infraestructura asociada ó parque eólico será a que se recolle nos planos P. E. Penas Grandes. Detalle de infraestructuras. Data: Xuño/02. Planos PG-OC-01-1 y 2, a escala 1:4.000, incluídos na Documentación adicional ó estudio de impacto ambiental. Xuño 2002.

2. A táboa das coordenadas UTM dos 9 aeroxeradores proxectados substitúese pola seguinte:

AeroxeradorUTM XUTM Y

PG-1588.4234.715.045

PG-2588.6934.715.134

PG-3588.8854.715.426

PG-4589.0674.715.695

PG-5589.4344.717.303

PG-6589.6184.717.490

PG-7589.7724.717.632

PG-8589.8084.717.793

PG-9589.8464.717.954

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL