Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 18 de novembro de 2002 Páx. 16.084

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

AUTO (630/2002).

1. Feitos:

Primeiro: que nos autos 630/2002 se segue demanda presentada por José Manuel Rey Ferreira, fronte a Mantiver Mantenimientos, S.L. e Paisajismo, Jardinería y Rehabilitación, S.L., sobre cantidade, presentándose a demanda na data 24-9-2002 e dictándose resolución pola que se admite aquela a trámite na data 25-9-2002 e sinalándose os actos de conciliación e xuízo para o vindeiro día 31-3-2002 ás 9.30 horas.

Segundo: que no segundo outrosí da demanda a parte demandante solicita embargo preventivo da cantidade de sobrante ingresada na conta do Xulgado do Social número un de Santiago de Compostela, exec. 107/02E acum. Requiriuse o solicitante do embargo que o acreditase a situación de falta de

actividade así como de acumulación de débedas por parte da empresa demandada; a demandante ofreceu práctica de testifical e a achega de proba documental, a cal foi practicada en data 27-9-2002.

2. Razoamentos xurídicos:

Único.-Que conforme o artigo 79 da LPL, o órgano xudicial de oficio por instancia de parte interesada poderá decreta-lo embargo preventivo dos bens do demandado en contía abonda para cubri-lo reclamado na demanda e o que calcule para custas de execución, cando aquel realice calquera acto dos que poida presumirse que pretende situarse en estado de insolvencia ou pedi-la efectividade da sentencia. E cumpríndose igualmente o que establece o artigo 79 da LPL no seu punto 2 é procedente acorda-lo embargo preventivo solicitado pola demandante.

No caso que nos ocupa, da testifical practicada despréndese que os dous únicos socios da empresa demandada atópanse totalmente desvinculados da actividade da empresa e prestan servicios noutras entidades. Procederon ó peche do local onde se situaba o centro de traballo, non contestando ó teléfono nin a ningún dos requirimentos que a ese domicilio remitiron os traballadores da empresa. Por outra banda quedou constatado que a empresa ten numerosas débedas de cantidade con outros traballadores á parte do demandante e así se comproba cos documentos achegados, e que ten descubertos e infracotizacións en distintos períodos, polo que ás anteriores débedas débense suma-las débedas coa Seguridade Social. Proba tamén da insolvencia da empresa é que na acta de conciliación celebrada ante o SMAC o 4 de xullo de 2001, o socio Hugo Martínez Silva ofreceu como garantía de pagamento o seu propio piso ganancial. En definitiva quedou demostrado que se non se procede ó embargo solicitado en demanda o

demandante sofre un risco grave de que aínda que obteña unha sentencia estimatoria esta nunca se poida facer efectiva, quebrando así o seu dereito a tutela xudicial efectiva consagrada no artigo 24 da Constitución.

Polo exposto, o embargo solicitado ten que ser acordado. Dado que a cantidade reclamada neste procedemento ascende a 5.363,95 euros e que o sobrante existente no Xulgado do Social número un desta cidade é de 5.204,43 euros procede decreta-lo embargo da totalidade sobrante.

Parte dispositiva:

Procede estima-la solicitude de embargo preventivo formulada por José Manuel Rey Ferreira e en consecuencia decrétase o embargo preventivo da cantidade sobrante ingresada na conta do Xulgado do Social número un desta cidade na execución 107/02 e acum.

Líbrese exhorto ó Xulgado do Social número un desta cidade co fin de pór no seu coñecemento o embargo acordado e solicitar que polo mesmo se proceda a ingresar na conta deste xulgado segundo

número 1596, clave 64, procedemento 630/2002 o sobrante embargado.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de reposición perante este mesmo xulgado no prazo de tres días contados desde o seguinte ó da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina o maxistrado xuíz deste Xulgado do Social número dous dos de Santiago de Compostela.