Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 18 de novembro de 2002 Páx. 16.083

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (599/2002).

Eu, Camilo José García Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dos de Santiago

de Compostela, fago saber que neste xulgado do social se segue procedemento nº 599/2002 e acum. 621/2002 (Xulgado do Social número un desta cidade) por instancia de Ana Castro Sexto, contra Ariel Gustavo Guibelalde Bell, sobre resolución de contrato (outra índole) e despedimento, estando o acto de conciliación e xuízo sinalado para o vindeiro día 20 de novembro de 2002 ás 10.15 horas, cítase en única convocatoria a empresa Ariel Gustavo Guibelalde Bello e o seu representante legal, que tivo o seu domicilio na rúa Formarís-Enfesta, s/n, Santiago de Compostela, e hoxe en paradoiro ignorado, para que, xunto con tódolos medios de proba de que tente valerse, compareza neste xulgado, sito na rúa Viena, Polígono das Fontiñas, co fin de asistir á celebración do acto de conciliación e xuízos correspondentes. Advírteselle que as sucesivas dilixencias se lle notificarán nos estrados deste xulgado, agás aquelas que expresamente exceptúa a Lei de procedemento laboral e fáiselle saber que a copia

da demanda está ó seu dispor na secretaría deste xulgado. Requírese a parte demandada para que achegue demanda dos contratos de traballo e prórrogas se as houber, documentos de alta e baixa na Seguridade Social, así como recibos de salarios correspondentes á actora, e igualmente boletíns de cotización á Seguridade Social e libro matrícula da empresa, e interrogatorio da parte demandada baixo o seu representante legal. Cítase, así mesmo, o representante legal da referida empresa cos apercibimentos do art. 91.3º da Lei de procedemento laboral, en relación co artigo 304 da LAC, en relación co artigo 292 da mencionada lei. Así mesmo, notifíquese mediante edictos a resolución de data 8-10-2002, da que se xunta fotocopia.

E para que conste e lle sirva de notificación, citación e requirimento a Ariel Gustavo Guibelalde Bello e ó representante legal dela, expídese este edicto en Santiago de Compostela o 25 de outubro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado