Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 18 de novembro de 2002 Páx. 16.083

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SETE DE PONTEVEDRA

EDICTO (275/2002-E).

Pilar Millán Mon, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número sete de Pontevedra fago saber que nos autos de xuízo verbal civil número 275/2002, seguidos neste xulgado se dictou sentencia, cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte: Jacinto José Pérez Benítez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número sete de Pontevedra, dictou en nome de El-Rei a seguinte sentencia número 117/2002. Pontevedra, 7 de outubro de 2002. Vistos os presentes autos de xuízo verbal número 275/2002, seguidos neste xulgado por instancia de Pedro García Brandariz, a quen representa o procurador Pedro Sanjuán Fernández, contra Lorena Currás Iturripe, Consorcio de Compensación de Seguros, Manuel José García del Cid, María Lourdes Vázquez Noguerol e contra a Agrupación Mutual Aseguradora, representada esta última pola procuradora Carmen Torres Álvarez; en reclamación de cantidade. «Decido que estimando parcialmente a demanda promovida polo procurador

Pedro Sanjuán Fernández, en nome e representación de Pedro García Brandariz, condeno a Manuel José García del Cid, María Lourdes Vázquez Noguerol e á entidade Agrupación Mutual Aseguradora a aboarlle ó demandante a suma de trescentos dezaseis euros con noventa céntimos (316,90 euros), que devengarán respecto da entidade aseguradora o xuro legal incrementado nun 50% desde a data do sinistro e respecto do resto dos condenados o xuro legal desde a reclamación xudicial; absolvo a Lorena Currás Iturripe e o Consorcio de Compensación de Seguros dos pedimentos contra estes formulados. Condeno o demandante ó aboamento das custas devengadas polos demandados absoltos; os condenados sufragarán, cada un deles, o pagamento dun tercio do total das custas devengadas. Así, por esta miña sentencia, da que se porá testemuño nos autos principais, con inclusión do orixinal no libro correspondente, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Recursos. Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación dentro dos cinco días hábi

les seguintes ó da súa notificación, mediante a presentación ante este xulgado de escrito de preparación que será resolto pola Audiencia Provincial de Pontevedra. Seguen as sinaturas e a publicación».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Lorena Currás Iturripe, esténdese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Pontevedra, dezaseis de outubro de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado