Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 18 de novembro de 2002 Páx. 16.082

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (486/2001).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instacia e Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas número 486/2001 se dictou a presente sentencia, que no encabezamento e parte dispositiva di:

«María Rivas Navarro, titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta cidade e o seu partido xudicial, tendo visto e oído en xuízo oral e público a presente causa de xuízo de faltas por ameazas e lesións en agresión, rexistrada baixo o número 486/2001, e tramitada por instancia de Jesús Pardiñas García en calidade de denunciante, contra José Samuel Santiago Graíño en calidade de denunciado, tendo sido parte o Ministerio Fiscal e segundo o teor dos seguintes.

Absolvo o denunciado José Samuel Santiago Graíño da falta de ameazas e lesións en agresión con tódolos pronunciamentos favorables, declarándose as custas de oficio.

Notifíquese esta resolución ás partes, prevíndoas de que non é firme e que contra ela poderán interpor no prazo de cinco días recurso de apelación ante este xulgado, que será resolto pola Audiencia Provincial da Coruña».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a José Samuel Santiago Graíño, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Carballo o oito de outubro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SETE

DE PONTEVEDRA