Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 15 de novembro de 2002 Páx. 16.047

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización do Plan Parcial 1 Predio Solita (Alcabre) (expediente 4370/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 10 de outubro de 2002, adoptou entre outros o seguinte acordo de aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do Plan Parcial 1 Predio Solita, promovido pola entidade mercantil Metrovacesa de Viviendas, S.L., redactado polos arquitectos Pedro Alonso Fernández, Francisco Castro Nieto, Arturo Dapena Barros, e polo enxeñeiro Alberto Moreno García (expediente 4370/401), visado no 7-6-2002, con cálculos eléctricos e luminotécnicos do 24-7-2002.

Sométese o presente expediente ó tramite de información pública polo prazo dun mes, mediante publicación no DOG nun dos xornais de maior circulación da provincia e taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, segundo o establecido no artigo 42.1º. O prazo de exposición pública entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio.

A documentación do presente expediente esta ó dispor do público en xeral na Oficina de Información Urbanística, na planta baixa da xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración, públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todos/as aqueles/as persoas propietarios/as ou interesados/as directamente afectados/as que por resultaren descoñecidos ou por se ignora-lo domicilio non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 5 de novembro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo