Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 15 de novembro de 2002 Páx. 16.048

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de concurso aberto (tramitación urxente).

1. Obxecto do contrato: a execución das obras de mellora da rúa Fontecarmoa (2ª fase).

2. Prazo do contrato: catro meses.

3. Prezo do contrato: 81.052,24 A.

4. Garantías provisional e definitiva: a garantía provisional para participar no concurso será de 1.621,04 A.

O adxudicatario estará obrigado a prestar unha garantía definitiva do 4% do importe da adxudicación.

5. Proposicións: as proposicións presentaranse no Rexistro de Licitación (secretaría xeral), en man, das 9.30 ás 13.30 horas, durante os trece días naturais seguintes á publicación do último dos anuncios no BOP ou DOG.

Tamén poderán presentarse na forma prevista no parágrafo 2º da cláusula XI.1.

As proposicións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas e cumprirán as formalidades e documentación previstas na cláusula XI do prego.

Vilagarcía de Arousa, 6 de novembro de 2002.

Joaquín J. Gago López

Alcalde