Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 15 de novembro de 2002 Páx. 16.047

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación do estudio de detalle V-A/B do PERI IV-05 travesía de Vigo-Aragón (expediente 7657/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do 30 de setembro de 2002, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación do estudio de detalle da UE V-AB do PERI IV-05 travesía de Vigo-Aragón, referida ás parcelas resultantes 6 e 8, de acordo co proxecto redactado polo arquitecto José Alonso Ogando, visado polo COAG no 3-5-2002 (expediente 7657/411).

Segundo.-Publíquese este acordo no BOP e no DOG, con cumprimento do disposto no artigo 48 Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (LSG). Notifíqueselles ós propietarios do polígono e demais interesados, coa advertencia de que contra el cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses. Notifíquese tamén ó

Departamento de Licencias. Únase unha copia del ós expedientes 5038/411, 4193/411 e 4222/401.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou intentada esta non se puidese practicar.

Vigo, 21 de outubro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo