Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2002 Páx. 15.994

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto con trámite de urxencia, para a contratación dun servicio para a realización da Campaña Concertada para o Nadal 2002.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Asuntos Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Nº de expediente: 19/2002.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contrato para a realización da Campaña Concertada para o Nadal 2002. Dentro desta campaña considéranse tres lotes: «Ningún residente sen agasallo», «Nadal entre amigos», «As portas de Compostela».

b) Lugar de realización do servicio: Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Prazo de execución: un mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base licitación: 180.300 euros (IVE incluído):

Lote I. 69.000 euros.

Lote II. 87.628 euros.

Lote III. 23.672 euros.

5. Garantías:

Provisional: a totalidade da campaña 3.606 euros.

Por lotes:

Lote I. 1.380 euros.

Lote II. 1.752,56 euros.

Lote III. 473,44 euros.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: 15781 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 46 40; fax: 981 54 56 91.

e) Internet: http://www.xunta.es/contratación

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica, financeira e técnica.

Ver puntos 13 e 14 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do sétimo día natural contado a partir do seguinte ó de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: os sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais (edificio administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Domicilio: sala de xuntas.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día natural seguinte ó de finalización de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Gastos dos anuncios:

O pagamento do presente anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2002.

Miguel Rodríguez Barrio

Secretario xeral da Consellería de Asuntos Sociais