Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2002 Páx. 15.995

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2002 pola que se anuncia a apertura dunha convocatoria para a presentación de solicitudes de autorizacións de atraque para embarcacións menores matriculadas na 7ª lista (deportivas), no porto de Cangas.

De conformidade co establecido na lexislación vixente en materia de portos, e en virtude das facultades conferidas pola Orde do 29 de xaneiro de 1996 (DOG nº 28, do 8 de febreiro), sobre delegación de competencias no presidente de Portos de Galicia, anúnciase a apertura dunha convocatoria pública para a presentación de solicitudes de outorgamento de autorizacións de atraque para embarcacións menores matriculadas na 7ª lista (deportivas), no porto de Cangas, por período de dous (2) meses contados desde o día seguinte ó de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, que se rexerá polo prego de bases e de condicións aprobados para os efectos, que estarán ó dispor dos interesados na sede central do ente público Portos de Galicia, sita na praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, e na sede da zona sur deste ente público, sita en r/ Benito Corbal, 37-3º, 36004 Pontevedra.

Ábrese, así mesmo, un prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito na citada sede central de Portos de Galicia as alegacións que consideren oportunas relativas a esta convocatoria.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia