Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2002 Páx. 15.994

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais dun criadeiro privado de troitas en Boimorto (A Coruña), promovido por Manuel García Lodeiro.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte (20) días, o órgano ambiental someterá o estudio de efec

tos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude:

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais dun criadeiro privado de troitas en Boimorto (A Coruña).

2. Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña.

-Concello de Boimorto.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte(20) días, contandos a partir do seguinte día á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2002.

José Luis Díez Yánez

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental