Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2002 Páx. 15.980

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 26 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/350-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: rúa Marqués de Valladares, 23, 2º, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. a canteira Francisco Lemos Romero-Vitureira-Os Eidos-San Salvador de Budiño.

Situación: concello do Porriño.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 492 m de lonxitude, con conductor LA-56, sobre

apoios metálicos, desde a L.M.T. existente ó C.T. canteira Marcelino Martínez ata a L.M.T. existente á canteira de Francisco Lemos Romero, en Vitureira-Os Eidos, en San Salvador de Budiño, no concello do Porriño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 26 de setembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra