Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2002 Páx. 15.980

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 27 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/351-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Domicilio social: rúa Coruña, 20, 36700 Tui.

Denominación: modificación L.M.T. Tambre-Pazos de Reis-Porteliña.

Situación: concello de Tui.

Descricións técnicas: modificación da L.M.T. aérea existente dinominada Tambre-Pazos de Reis, estando situada a modificación no lugar de Porteliña, no concello de Tui, e afectando a 160 m de liña, con conductor LA-56.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 27 de setembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra