Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2002 Páx. 15.980

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 18 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/327-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: r/ Marqués de Valladares, 23.2º, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. Budiño-Costeira II.

Situación: Concello do Porriño.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15/20 kV, de 133 m de lonxitude, con conductor R.H.V.-3x(1x95) mm, desde o C.T. existente denominado Budiño-Costeira I ata o C.T. que se proxecta denominado Budiño-Costeira II, situado dentro da propiedade de Industrias Trimar, S.L. en Budiño, no concello do Porriño, de 160 kVA, R.T. 15/20 kV-230-400 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 18 de setembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra