Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2002 Páx. 15.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 11 de novembro de 2002 pola que se convoca a contratación das obras de adecuación do borde sudoeste e controis da nova estafeta de correos e posto de control no Complexo Administrativo de San Caetano.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 219, do 13 de novembro, e no enderezo da Internet http://www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=2016, cómpre face-la seguinte corrección:

Na páxina 15.927, onde di: «Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública (soto do edificio central de San Caetano) ás 10 horas do décimo segundo día natural, contado desde o seguinte ó termo do prazo de presentación de proposicións. Se fose sábado ou inhábil, a apertura será o seguinte primeiro día hábil», debe dicir: «Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administracións Públicas (soto do edificio de San Caetano) ás 10 horas do día 13 de decembro de 2002».

Cómpre engadir ademais o parágrafo que di: «Garantía definitiva: 24.184,20 euros».