Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2002 Páx. 15.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 14 de outubro de 2002, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se notifica inicio de actuacións inspectoras de comprobación e investigación, pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Rodríguez Costa, José).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segúndo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase inicio de actuacións inspectoras de comprobación e investigación pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economia e Facenda de Vigo, en aplicación dos artigos 35, 110 e 142 da Lei xeral tributaria e 36 do Regulamento xeral de inspección tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados dende o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio de secretaría desta delegación territorial, con enderezo na rúa Concepción Arenal, nº 8-3ª planta Vigo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 14 de outubro de 2002.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Rodríguez Costa, José

DNI: 35938570N

Condesa Casa Barcena, 6-5º C

Vigo

Imposto sobre sucesións e doazóns

Exercicios: 1998 e 1999.

Causantes: Manuela Costa Martínez

José Rodríguez Martínez