Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2002 Páx. 15.974

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2002, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas diversas adxudicacións de contratos administrativos.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta secretaría acordou darlle publicidade ás adxudicacións dos contratos administrativos que se relacionan.

Forma de adxudicación: os contratos que de seguido se identifican foron adxudicados, logo de tramitación dos correspondentes expedientes administrativos, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público.

1. Contrato de obras.

1.1. Resolucion de licitacion: 6 de maio de 2002, (DOG nº 98, do 23 de maio).

-Obxecto do contrato:

Torre de chegada para embarcacións na pista de remo e piragüísmo no encoro de Castrelo de Miño (Ourense).

Adxudicatario: Decoración, Instalaciones y construcciones, S.A. (DICSA).

Importe da adxudicación: 101.012 euros.

Prazo de execución: 2,5 meses.

Data da resolución: 21 de xuño de 2002.

-Obxecto do contrato:

Reforma da cuberta e fachada do edificio multiusos do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra (Pontevedra).

Adxudicatario: Construcciones Cardeñoso, S.L.

Importe da adxudicación: 172.110,63 euros.

Prazo de execución: 3,5 meses.

Data da resolución: 4 de xullo de 2002.

2. Contrato de subministracións.

2.1. Resolución de licitación: 6 de maio de 2002 (DOG nº 98, do 23 de maio).

-Obxecto do contrato:

Equipamento de certos espacios existentes no edificio administrativo e sede das federacións deportivas galegas con sede na cidade de Vigo, (Pontevedra)

Adxudicatario: Sutega Mobiliario, S.L.

Importe da adxudicación: 80.007, 60 euros.

Prazo de execución: 20 días.

Data da resolución: 6 de agosto de 2002.

2.2. Resolución de licitación: 11 de xullo de 2002 (DOG nº 140, do 22 de xullo).

-Obxecto do contrato:

Adquisición dun equipo automatizado para a realización de probas cardiorrespiratorias e dun equipo informático complementario para o centro de medicina deportiva do Centro Galego de Tecnificación Deportiva C.G.T.D. (Pontevedra).

Adxudicatario: Sanrosan, S.A.

Importe da adxudicación: 25.250 euros.

Prazo de execución: 7 días.

Data da resolución: 25 de setembro de 2002.

3. Contrato de servicios.

3.1. Resolución de licitación: 12 de xullo de 2002 (DOG nº 140, do 22 de xullo).

-Obxecto do contrato:

Servicio de vixilancia das instalacións do Instituto Nacional de Educación Física de Galicia, INEF, sito en Bastigueiro-Oleiros (A Coruña).

Adxudicatario: deserto.

Data da resolución: 4 de setembro de 2002.

3.2. Resolución de licitación: 26 de agosto de 2002 (DOG nº 167, do 30 de agosto).

-Obxecto do contrato:

Servicio de mantemento das instalacións e maquinaria do Instituto Nacional de Educación Física de Galicia, INEF sito en Bastiagueiro-Oleiros (A Coruña).

Adxudicatario: Control, Mantenimiento Integral de Instalaciones, S.L. (CMI, S.L.)

Importe da adxudicación: 49.380,90 euros.

Prazo de execución: 2 anos.

Data da resolución: 20 de setembro de 2002.

-Obxecto do contrato:

Servicio de conserxería do Instituto Nacional de Educación Física de Galicia, INEF, sito en Bastiagueiro-Oleiros (A Coruña).

Adxudicatario: Metoseyco, S.A.

Importe da adxudicación: 108.329,50 euros.

Prazo de execución: 2 anos.

Data da resolución: 20 de setembro de 2002.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2002.

P.D. (Orde 11-1-2002)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte