Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2002 Páx. 15.959

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2002 pola que se adxudica a axuda para a realización dun proxecto de investigación sobre a mellora da producción en criadeiros de moluscos mediante a utilización de bacterias mariñas probióticas, convocado pola Orde do 19 de agosto de 2002.

A Orde do 19 de agosto do 2002 (DOG do 3 de setembro), aprobou as bases que rexerían a concesión dun proxecto de investigación sobre a mellora da producción en criadeiros de moluscos mediante a utilización de bacterias mariñas probióticas.

Na súa virtude, atendendo a proposta elaborada pola comisión de selección prevista no artigo 3 da dita orde, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-la axuda para a realización do proxecto mellora da producción en criadeiros de

moluscos mediante a utilización de bacterias mariñas probióticas, código PGIDIT02RMAAE1, os investigadores que a continuación se relacionan polos importes que se indican:

* Subproxecto 1:

Investigador responsable: Juan Luis Barja Pérez.

Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

Anualidade 2002: 22.275.

Anualidade 2003: 16.500.

Anualidade 2004: 8.250.

Subproxecto 2:

Investigador responsable: Dorotea Martínez Patiño.

Organismo: Centro de Investigacións Mariñas (Vilanova de Arousa).

Anualidade 2002: 12.650.

Anualidade 2003: 3.300.

Anualidade 2004: 2.420.

Segundo.-Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o mesmo órgano nun prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2002.

P.D. (Orde 19-8-2002, DOG do 3 de setembro)

Miguel Ángel Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e

Desenvolvemento