Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2002 Páx. 15.959

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de outubro de 2002 pola que se modifica a oferta educativa de ciclos formativos, a partir do curso 2002-2003.

Pola Orde do 8 de maio de 2002 (DOG do 24 de maio) autorízase a implantación de ciclos formativos de réxime ordinario e para persoas adultas en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, a partir do curso 2002-2003.

Examinadas as solicitudes dos centros CECA de Monforte de Lemos (Lugo) e IES Porta da Auga de Ribadeo (Lugo), e tendo en conta o informe da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de réxime ordinario ó de adultos dos ciclos formativos de grao medio nos seguintes centros:

CECA de Monforte de Lemos (Lugo), código 27007260, Elaboración de viños e outras bebidas.

IES Porta da Auga de Ribadeo (Lugo), código 27010945, Acabamentos de construcción.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízanse as direccións xerais de Ordenación Educativa e Formación Profesional, de Centros e Inspección Educativa e de Persoal para toma-las medidas precisas para a execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria