Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2002 Páx. 15.959

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 6 de novembro de 2002 pola que se concede o Premio Galicia á Innovación Empresarial, correspondente ós Premios Galicia de Investigación 2002.

A orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 12 de xullo de 2002 (DOG do 23 de xullo), convoca o Premio Galicia á Innovación Empresarial, correspondente ós Premios Galicia de Investigación 2002.

De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a decisión adoptada polo xurado debe darse a coñecer mediante a correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia, e tendo en conta a proposta elaborada polo xurado,

RESOLVO:

Concederlle-lo Premio Galicia á Innovación Empresarial, correspondente ós Premios Galicia de Investigación 2002, á empresa Peter Taboada, S.L., pola súa contribución ó deseño, fabricación e distribución de sistemas de tratamento de auga para uso industrial, naval, alimentario e hospitalario.

Esta orde pon fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c) da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública