Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 13 de novembro de 2002 Páx. 15.933

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da ampliación da subestación eléctrica 132/20 kV Tesouro no termo municipal das Pontes de García Rodríguez (A Coruña). (Expediente IN407A 99/174-1).

Examinado o expediente instruído por pedimento da empresa Electra do Viesgo, S.A., con enderezo para efectos de notificación en r/ Medio, 12.39000 Santander, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data 20 de maio de 1999 a citada empresa solicita a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución da citada instalación; presentando o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

Ampliación da subestación de Tesouro, de Endesa, nas Pontes de García Rodríguez dotándoa dun novo módulo de 132 kV, de Electra de Viesgo, denominado Bustelo, constituído pola seguinte paramenta:

Seccionador xiratorio tripolar de 2.000 A con coitelas de P.A.T. Disxuntor para 145 kV e 3.150 A. Transformadores de intensidade e tensión, aparellos para protección, telemando, sinalización e medida. Situada no termo municipal das Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña someteu o citado proxecto de instalacións a trámite de información pública mediante Resolución do 25 de xuño de 1999, publicada no DOG do 26 de outubro, no BOP da Coruña do 12-11-1999, e na Delegación Provincial da Coruña.

Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente.

Terceiro.-Durante o período en que se someteu a trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial da Coruña.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas.

RESOLVE:

1. Autoriza-la ampliación da subestación de eléctrica 132/20 kV Tesouro no termo municipal das Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

2. Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas