Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 13 de novembro de 2002 Páx. 15.932

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 8 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/341-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. A Revolta.

Situación: concello de Sanxenxo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 134 m de lonxitude, con conductor R.H.V., desde a L.M.T. Vilalonga-A Lanzada, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta na Revolta, no concello de Sanxenxo, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 400 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 8 de outubro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra