Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Domicilio social: rúa Marqués de Valladares, 23, 2º, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. rúa Renfe, edificio A Muralla.
Situación: concello de Salvaterra de Miño.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 130 m de lonxitude, con conductor R.H.V., desde o C.T. situado no edifico Dismareate ata o C.T. que se proxecta no edificio A Muralla, na rúa Renfe, do concello de Salvaterra de Miño, de 630 kVA, R.T. 20 kV-230/398 V. R.B.T. subterránea, de 90 m de lonxitude, con conductor R.V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 20 de setembro de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra