Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 13 de novembro de 2002 Páx. 15.925

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (779/2001).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifico que nos autos seguidos neste xulgado por instancia de Raquel Caamaño Formoso, contra Daniel Fer

nández Vázquez, sobre demanda de divorcio número 779/2001, se dictou sentencia na data do 21 de outubro de 2002 e, para a súa notificación ó demandado rebelde, acordouse expedi-lo seguinte edicto:

«Sentencia:

Na Coruña, ó 21 de outubro de 2002.

Vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, os presentes autos de divorcio seguidos neste xulgado co nº 779/2001, por instancia de Raquel Caamaño Formoso, representada pola procuradora Aránzazu Mateo Boedo e defendida pola letrada María Vázquez García, sendo parte demandada Daniel Fernández Vázquez, en situación procesual de rebeldía e sendo parte o Ministerio Fiscal.

Decido que, estimando en parte a demanda formulada pola procuradora Aránzazu Mateo Boedo, debo declarar e declaro a disolución por divorcio, do matrimonio constituído por Daniel Fernández Vázquez e Raquel Caamaño Formoso, celebrado na Coruña o 15 de febreiro de 1997, cos efectos legais que implica; e debo acordar e acordo as seguintes medidas:

a) Quedará o fillo Simón baixo a garda e custodia da nai.

b) Exercerán ámbolos proxenitores a patria potestade.

c) Fíxase no 25% dos ingresos mensuais a cantidade que o pai aboará á demandante en concepto de alimentos para o fillo.

Sen imposición de custas.

Notifíquese esta resolución ó demandado rebelde.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación, que se interporá por escrito perante este mesmo xulgado, no termo de cinco (5) días desde a súa notificación, e tendo en conta, de conformidade co que determina o artigo 774 pf 5º, que os recursos que, conforme a lei, se interpoñan contra a sentencia non suspenderán a eficacia das medidas que se tiveren acordado nesta. Se a impugnación afectara unicamente os pronunciamentos sobre medidas, declararase a firmeza do pronunciamento sobre a nulidade, separación ou divorcio.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, e sirva de notificación ó demandado rebelde, Daniel Fernández Vázquez, expido este edicto na Coruña, 21 de outubro de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO

DE LUGO