Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 13 de novembro de 2002 Páx. 15.925

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (573/2002-SU).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dou fe de que nos autos de proposta de adopción que se seguen neste xulgado co número 573/2002 se acordou a citación de Ramón Mel García, mediante a publicación da seguinte cédula de citación:

En virtude do acordado polo maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de adopción número 573/2002, que se seguen neste xulgado, acordouse citar a Antonio Mel García, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día once de decembro ás 10 horas compareza neste xulgado para práctica de dilixencias, prevídoo de que, de non o verificar, recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que conste e sirva de cédula de citación, expido este edicto, que asino na Coruña o dezaoito de outubro de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado