Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 13 de novembro de 2002 Páx. 15.925

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO, SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (5214/2002).

Por este edicto faise saber que en providencia dictada no día de hoxe por esta Sección Segunda da

Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, acordouse admitir a trámite o recurso interposto polo procurador Miguel Vilariño García en nome e representación de Confederación Intersindical Galega (CIG) contra a Orde do 15-7-2002 (DOG do 26 de xullo) pola que se nomean os vocais dos consellos de administración da Autoridade Portuaria de San Cibrao-Ferrol e a súa ría.

Recurso número 02/0005214/2002.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento ás persoas, que non séndoo persoalmente, teñan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, podendo comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, 17 de outubro de 2002.

Isabel Freire Corzo

Secretaria