Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2002 Páx. 15.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o 21 de outubro de 2002, aprobou definitivamente a ordenanza municipal reguladora das axudas a rehabilitación dos edificios e vivendas dos barrios da Madanela e Ferrol Vello.

O que se fai público e pódese interpoñer contra a mencionada aprobación un recurso potestativo de reposición ante o órgano que dictou a resolución dentro do prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación no BOP, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, sen prexuízo da posibilidade de interpoñer directamente un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste edicto no BOP e na forma establecida no artigo 45 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Ferrol, 24 de outubro de 2002.

Xaime Bello Costa

Alcalde