Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2002 Páx. 15.891

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

APROBACIÓN inicial do proxecto de revisión e adaptación do PXOM reformado.

O Pleno Municipal, en sesión do 5 de novembro de 2002, aprobou inicialmente o documento reformado do proxecto de revisión e adaptación do PXOM no que están reflectidas, con respecto ó documento inicialmente aprobado pola Corporación o día 12 de xaneiro de 1999, as modificación introducidas no documento sometido a segunda información pública e as derivadas das alegacións formuladas neste segundo período e aceptadas que, en determinados casos, poden incidir en ámbitos próximos ou contigos, así como outras modificacións introducidas de oficio polo concello que afectan fundamentalmente ós solos rústicos de especial protección e ó solo urbanizable.

Somete-lo documento inicialmente aprobado a información pública polo prazo dun mes, o que se anunciará no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia. Durante este período poderá ser examinado o documento no salón de sesións da Casa do Concello sita en Tarrío, de once a catorce horas tódolos días laborables, e os martes e xoves tamén de dezasete a vinte horas, e formularse ale

gacións, que unicamente poderán referirse ás modificacións introducidas con relación ó documento reformado anteriormente sometido a información pública.

Culleredo, 6 de novembro de 2002.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde