Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2002 Páx. 15.891

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-13/2002).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 27 de setembro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle para reaxuste de rasantes no sistema xeral de viario VG-F12.02 e na dotación local de viario VL-F12.01, promovido polo Concello da Coruña.

Segundo.-Someter a información pública, polo prazo dun mes de duración, o expediente administrativo e o documento que contén o estudio de detalle, anunciando tal exposición pública no Diario Oficial de Galicia e na prensa local.

O que se fai público para xeal coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na oficina de información do Servicio de Urbanismo, sito na rúa do Parque, s/n, en horario laboral de 12 a 14 horas, de luns a venres.

A Coruña, 9 de outubro de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo