Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2002 Páx. 15.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MORAÑA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Moraña. Expediente número 11/2002.

2. Obxecto do contrato: execución das obras do proxecto de urbanización da rúa 7 de Santa Lucía.

3. Forma de adxudicación: poxa, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria.

4. Orzamento base de licitación: 65.399,51 euros.

5. Garantía provisional: 1.307,99 euros. Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Presentación de ofertas: no rexistro xeral da secretaría do Concello de Moraña, en horario das 9 ás 14 horas, no prazo de vinteseis días naturais a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, (se o último día coincidise en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil).

7. Modelo de proposición: a oferta, xunto coa restante documentación esixible no prego de cláusulas administrativas, presentarase de acordo co seguinte modelo:

D/Dª....., con DNI número....., expedido en.....,, con data....., en nome propio (ou en representación de....., como acredita por.....), informado da convocatoria de poxa polo procedemento aberto, anunciado no Diario Oficial de Galicia número....., do....., toma parte nel comprometéndose a realiza-la obra de urbanización da rúa 7 de Santa Lucía, no prezo de....., (en letra e número), comprendendo esta oferta o prezo da contrata e o importe do imposto sobre o valor engadido, de acordo co proxecto técnico e o co prego de cláusulas administrativas que acepta integramente. Lugar, data e sinatura.

8. Apertura das ofertas: no salón de sesións do Concello de Moraña, ás 12 horas do quinto día seguinte hábil ó do remate de presentación de ofertas, excepto sábados.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Moraña, 14 de outubro de 2002.

José A. Eiras Paz

Alcalde