Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2002 Páx. 15.890

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión do 17 de outubro de 2002, en relación coa aprobación do proxecto de compensación do sector PM 5.03, acordou:

1. Aprobar definitivamente o proxecto de compensación denominado: proxecto de compensación ámbito PM 5.03, de acordo co establecido nos artigos 103 e 133 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

2. Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de edictos da casa do concello, no xornal El Correo Gallego, e notificárllelo a tódolos propietarios.

O que se fai público para a súa executividade, sinalando que contra este acordo, que é definitivo na vía administrativa, se poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio no DOG ou no xornal El Correo Gallego, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Ley 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Se se opta pola interposición do recurso potestativo de reposición, deberá ser resolto e notificado polo concello no prazo dun mes, segundo o establecido no artigo 117.2º da Ley 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. Transcorrido un mes desde a interposición do recurso de

reposición sen que recaese resolución en prazo entenderase desestimado, e poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo.

Contra a resolución expresa do recurso de reposición, ou ben directamente contra este acordo, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 10.1º a) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación da devandita resolución, ou ó da última publicación deste acordo; se a resolución non fose expresa, o prazo de interposición do recurso contencioso-administrativo será de seis meses, e contarase a partir do día seguinte a aquel no que se deba entender desestimado o recurso potestativo de reposición interposto.

Advírtese que tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados consideren conveniente.

Ames, 30 de outubro de 2002.

José Astray Lorenzo

Alcalde