A Comisión de Goberno deste concello, en sesión do 17 de outubro de 2002, acordou aprobar inicialmente o documento denominado Proxecto de Urbanización As Pateiras, sito no polígono S-07 deste concello.
O que se fai público para xeral coñecemento de acordo co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, co obxecto de que no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da última publicación deste edicto no xornal El Correo Gallego ou no DOG, os interesados poidan presenta-las alegacións que consideren oportunas.
Ames, 30 de outubro de 2002.
José Astray Lorenzo
Alcalde