Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2002 Páx. 15.891

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

A Comisión de Goberno deste concello en sesión do 17 de outubro de 2002, acordou aprobar inicialmente o documento denominado Proxecto de Urbanización Ámbito P.M 5.03.

O que se fai público para xeral coñecemento de acordo co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, co obxecto de que no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da derradeira publicación deste edicto no xornal El Correo Gallego ou no DOG, os interesados poidan presenta-las alegacións que consideren oportunas.

Ames, 30 de outubro de 2002.

José Astray Lorenzo

Alcalde