Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2002 Páx. 15.878

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 30 de setembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 52701 ampliación 2002).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de

decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: ampliación subestación Vilar do Colo 132/15 kV.

Situación: Cabanas.

Características técnicas: ampliación da subestación eléctrica de Vilar do Colo 132/15 kV, consistente en implantar un segundo transformador de potencia T-II de 20 mVA, coas súas respectivas posicións de 132 kV e de 15 kV. Para 132 kV cela bindada contén interruptor tripolar, tres trafos de intensidade, seccionador de barras e seccionador de P.A.T. para mantemento, conxunto de protecccións lado alta do transformador. Para 15 kV, 1 cela blindada de protección do transformador, con xogo de barras, interruptor, seccionador e trafos de intensidade e 1 cela blindada de axuste con xogo de barras, interruptor, seccionador e trafos de tensión. Cabanas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 30 de setembro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña