Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2002 Páx. 15.878

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 27 de setembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/386. Modificado I).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado I L.M.T.A. Coucieiro-As Cañotas.

Situación: Val do Dubra.

Características técnicas: modificación do proxecto de L.M.T.A. Coucieiro-As Cañotas, consistente na instalación da:

-Liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón e con conductor LA-110, de 704 m de lonxitude, na liña que alimenta o C.T. As Cañotas e final no apoio nº 11 da propia liña.

-Liña das mesmas características de tensión e apoios, con conductor LA-56, de 470 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 11 da anterior e final no C.T. Brañas do Mazo.

Centro de transformación tipo intemperie, de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Brañas do Mazo. Concello de Val do Dubra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 27 de setembro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña